Position Overview
Responsable de Recepción e Administración (Perfil Dixital) · Media xornada · Santiago de Compostela Traballa rodeado/a de música todos os días
En A Casa do Rock levamos máis de 15 anos demostrando que aprender música pode ser unha experiencia diferente.
Somos unha das escolas de música con máis alumnado de Galicia, cun equipo de máis de 20 profesionais e centos de actividades ao longo do ano: clases, concertos, eventos, campamentos, estudo de gravación, tenda e proxectos para empresas.
Traballamos nun ambiente creativo, novo e en constante evolución, onde buscamos mellorar continuamente a forma de facer as cousas.
Agora queremos incorporar unha persoa que queira crecer con nós.
Se che gustaría traballar rodeado/a de música, formar parte dun equipo dinámico e participar nun proxecto con moito movemento e novos retos cada semana, este pode ser o teu sitio.
Datos do posto
Santiago de Compostela
Media xornada de tarde , de luns a venres, con dispoñibilidade ...